Cabeceras destacadas

A Biblioteca Virtual de Prensa Histórica conta entre os seus fondos cunha valiosa colección de prensa clandestina, case 90.000 páxinas dixitalizadas pola Dirección Xeral do Libro, Aarquivos e Bibliotecas do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte mediante un convenio coa Fundación de Investigacións Marxistas, que xestiona o arquivo hemerográfico do Partido Comunista de España. Estes materiais son unha inestimable ferramenta para o estudo das actividades políticas dos grupos clandestinos que se opuxeron ao franquismo e, en particular, os do Partido Comunista e as organizacións que xiraban ao seu arredor.

        

Cómpre salientar que, en moitas ocasións, as publicacións foron producidas por métodos artesanais na clandestinidade, en papel de moi baixa calidade e con instrumentos tipográficos pouco axeitados; algunhas foron escritas e ilustradas á man, outras se encontran nun avanzado estado de degradación. Mediante a dixitalización, non só se asegura a difusión destes fondos a través da web, senón tamén a preservación dos seus contidos.

        

As 244 cabeceiras que conforman esta colección corresponden ao período comprendido entre 1932 e 1976 e foron publicadas en España, Alxeria, Colombia, Francia, Italia, Marrocos, México, Rusia, Venezuela, Uruguai, etc.

 

Enlaces destacados

Biblioteca Virtual de Patrimonio Bibliográfico       Hispana. Directorio y recolector de recursos digitales       Hispana PRO       Contribuidor de Europeana       LEM