Anunciamos a incorporación dos novos fondos dixitalizados no marco da Campaña de dixitalización de 2016.
Dixitalizáronse e publicáronse novos contidos de 80 cabeceiras de prensa. Nalgúns casos, completáronse coleccións xa existentes na BVPH, mentres que outros títulos foron dixitalizados por primeira vez.
Dende xullo de 2017, os nosos usuarios poden facer buscas na web de Prensa Histórica pola data na que os documentos se deran de alta na web.
Esta funcionalidade é de grande utilidade para investigadores e usuarios, que poden acceder facilmente ás novas incorporacións na biblioteca dixital. Poden encontrala na opción de Busca, premendo sobre a ligazón Busca Avanzada
Listaxe de novas incorporacións:
© Ministerio de Cultura y Deporte