Axuda para o uso da

Biblioteca Virtual de Prensa Histórica

Índice:

Utilización do buscador

Resultados da busca

Visualización das obras atopadas

 

Utilización do buscador

Existen catro sistemas diferentes de busca para atopar textos incluídos na páxina da Biblioteca Virtual de Prensa Histórica. Son métodos moi fáciles de usar e precisarase dalgún dos catro para acceder ós exemplares de prensa dixitalizados. Esta é a descrición de cada un deles.

 

Busca sinxela:

O sistema "Busca sinxela" consta de nove campos que permiten atopar a publicación que se está a procurar. Cantos máis campos se completen, máis se axustará a busca ós nosos desexos.

 

Busca detallada:

A "Busca detallada" ofrece máis posibilidades de busca porque permite procurar publicacións mediante diferentes campos e menús despregables. Ten unha vantaxe engadida coas funcións E/OU/NON porque se poden axustar as buscas e procurar exemplares que cumpran unha condición detallada no campo seleccionado. Deste xeito, é posible recuperar, por exemplo, todos os periódicos que conteñan no seu título a palabra "católico" pero que non se publicaran en Soria.

Ademais dos que aparecían na "Busca sinxela", aparecen outros campos na "Busca detallada" para completar as procuras como: Editorial ou impresor, Lugar de publicación, Notas e periodicidade.

 

Busca por datas:

Este tipo de busca permite atopar publicacións aparecidas nunha data concreta; non obstante, de non coñecer a data exacta, indicarase un intervalo de tempo entre un ano e outro para recuperar documentos publicados dentro dese período.

Para introducir datas, cómpre escribilas indicando o día, o mes e o ano con este formato: 23/10/1895 (barras incluídas). Deste xeito, obteranse como resultados todas as publicacións aparecidas nese día concreto ou ben as aparecidas dentro do período de tempo especificado.

 

Listaxe de títulos:

Por último, a función de busca desta Biblioteca Virtual de Prensa ofrece a posibilidade de procurar publicacións segundo unha listaxe alfabética. No menú alfabético da parte superior da páxina, pódese escoller a letra inicial do título da obra que se procura. Así, os resultados amosarán as publicacións que teñan un título que comece por esa letra seleccionada.

 

Listaxe de localidades:

Finalmente, poderemos utilizar, para atopar a publicación desexada, unha listaxe dos distintos lugares nos que se publicaron as obras do catálogo da Biblioteca Virtual de Prensa Histórica. Dentro desta listaxe teremos que elixir aquela Comunidade Autónoma e, de seguido, aquela provincia e aquela capital na que se publicou a publicación que buscamos. Apareceranos despois de xeito inmediato a listaxe das obras que alí viron a luz.

 

Resultados da busca

Unha vez introducidos os criterios de busca, na listaxe de documentos que aparecerán como resultado estarán aqueles que cumpran as condicións establecidas na busca personalizada.

Nesta listaxe de resultados aparecerán en todas as coincidencias: o título de publicación, o ano de aparición do seu primeiro número así como a cidade na que se imprimiu. En caso de aparecer a data co formato: (18??) significará que a Biblioteca Virtual de Prensa Histórica non dispón do primeiro número desa publicación pero que se entende apareceu no século XIX.

 

Nesta pantalla poderemos exportar o rexistro da publicación que atoparamos (cousa que tamén poderemos facer na pantalla seguinte). Para isto disporemos de varias posibilidades de exportación. Poderémolo facer en distintos formatos, como podemos ver na imaxe, así como en distintos xogos de caracteres.

Para acceder á ficha descritiva dalgunha das obras que aparecen nos resultados, bastará con premer sobre o título da publicación. Na ficha descritiva de cada obra inclúense datos relativos á publicación como: número de control, título, nome do impresor e lugar de impresión, etc. A visualización dos textos pódese efectuar en varios formatos: ficha, ISBD, Dublin Core, Ibermarc etiquetado e XML MARC. Para utilizar outro formato, haberá que abrir o menú despregable, escoller un dos formatos dispoñibles e premer sobre "cambiar".

Na parte inferior de cada ficha aparecerá a expresión «copia dixital»; un enlace que, ó premelo, amosará outra pantalla cos anos que cubre a publicación e que están dispoñibles na Biblioteca Virtual de Prensa Histórica.

Nesta pantalla pódese elixir o ano en que se editou o número que se quere visualizar. Premendo sobre ese ano, aparecerá outra pantalla cos meses dese ano que teñen números dispoñibles en copia dixital.

Ó elixir o mes correspondente, amosarase a listaxe de números publicados ese mes. De premer no comando «Imaxes.JPEG» do número que se quere visualizar, accederase á páxina de miniaturas do número dixitalizado.

 

 

Visualización das obras atopadas

Páxina de miniaturas:

Unha vez que se teña aberto a pantalla coas miniaturas das páxinas do número dixitalizado, pódese elixir qué miniaturas se van ampliar. Para facelo, basta con premer co punteiro sobre a miniatura que se quere ver. Ademais, a páxina de miniaturas ofrece catro opcións que se representan con iconas situadas enriba das miniaturas.

Esta icona serve para presentar o número coa imaxe da páxina ampliada sen necesidade de empregar as miniaturas.

Esta icona permite volver á páxina de miniaturas.

Esta icona presenta as imaxes en forma de listaxe.

Finalmente, esta permite exportar como arquivo os datos sobre a publicación en formato METS.

  

Do mesmo xeito, na páxina que presenta as miniaturas de cada páxina dun número, pódese gardar directamente as imaxes no disco duro. Para gardar imaxes haberá que premer en "Gardar", na parte inferior da pantalla das miniaturas.

 

Ampliación das imaxes:

Para acceder ás imaxes ampliadas, só hai que premer sobre a miniatura que se quere ver ampliada. Despois, a pantalla divídese en dúas partes; na esquerda aparece un pequeno cadro coa miniatura da páxina e unha serie de cifras que expresan a porcentaxe de ampliación/redución que se quere aplicar e o tamaño da área da imaxe á que se lle vai aplicar o zoom. O zoom aplícase nunha área específica para vela en detalle ou ben para ver a páxina enteira. Para cambiar os valores de ampliación/redución e o tamaño da área de aplicación, anotaranse os novos valores nos cadros correspondentes.

Na parte dereita da pantalla aparece a páxina ampliada seguindo os criterios inseridos nos cadros.  

Na páxina de visualización de imaxes existen catro iconas máis (ademais das outras catro xa mencionadas).

 A primeira icona permite aumentar un pouco a imaxe ata que se lean os caracteres. Unha vez ampliada, a icona cambiará ata que sobre a lupa apareza o signo menos (-), de premelo, volverase á imaxe orixinal.

  A segunda e terceira iconas permiten xirar a imaxe cara a dereita ou a esquerda en ángulos de noventa grados (90°).

 Esta outra icona permite gardar no noso disco a imaxe da páxina en formato JPEG.

 

Por último, debaixo da imaxe da páxina seleccionada, atópanse dous cursores que permiten navegar polo número da publicación pasando dunha páxina a outra. Na parte superior da páxina de visualización de imaxes, disponse tamén dunha función para navegar polas páxinas do número con máis rapidez. Para iso, haberá que introducir o número de páxina desexada no cadro e premer sobre "Enter" ou premer sobre a palabra "Ir".

 

A Biblioteca Virtual de Prensa Histórica permite tamén visualizar imaxes con outro formato. Na esquina superior dereita da pantalla aparecen as palabras que nos propoñen cambiar de tipo de visualización. Para probar eses outros tipos, haberá que premer sobre a palabra "Visualización".

Para usar ese modo de visualización, precísase ter instalada unha aplicación Java; de non tela, aparecerá unha pantalla emerxente pedindo permiso para instalala. Coa aplicación instalada, poderase acceder ó novo formato de visualización sen problemas.

 

Este sistema de visualización ten varias funcións:

Ata aquí, todas as funcións de busca e visualización que ofrece a Biblioteca Virtual de Prensa Histórica. Esperamos que esta guía lle resultara de utilidade.