Biblioteca Virtual de
Prensa Histórica

Presentación

A Biblioteca Virtual de Prensa Histórica é o resultado dun proceso de dixitalización cooperativa do Ministerio de Cultura, as Comunidades Autónomas e outras institucións da memoria co que se pretende, simultaneamente, preservar e facer accesibles uns materiais bibliográficos que se caracterizan por seren exemplares únicos e, polo tanto, de difícil acceso.

Esta nova versión da Biblioteca Virtual de Prensa Histórica incorpora unha importante e nova funcionalidade, a posibilidade de buscar por calquera palabra de calquera páxina de calquera xornal dixitalizado.

Se esta nova funcionalidade non se engadiu desde o inicio do proxecto foi porque se quería realizar o recoñecemento óptico de carácteres coas máximas garantías, sen empregar unha solución informática que fose dependente en exceso dunha marca ou produto comercial e que impedise posteriormente o intercambio de información, básico nun proxecto como este que se leva a cabo de forma cooperativa entre o Ministerio de Cultura e as Comunidades Autónomas, ademais dun número crecente de diversas institucións de memoria.

A solución proporcionouna ALTO (Analyzed Layout Text Object) que se viña empregando en grandes proxectos de recoñecemento óptico de carácteres, en proxectos de dixitalización de prensa, tanto de Europa como do resto do mundo e, moi especialmente, nos Estados Unidos e en Australia. 

Máis información

 

     

Icono de conformidad con el Nivel Doble-A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI. Este enlace abre una ventana nueva

© Ministerio de Educación, Cultura y Deporte

www.digibis.com