PRENSA
CLANDESTINA

Presentación

Unha das coleccións que forman parte da Biblioteca Virtual da Prensa Histórica é a da prensa clandestina, con preto de 90.000 páxinas do arquivo hemerográfico do Partido Comunista de España. Esta colección foi dixitalizada pola Dirección Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas do Ministerio de Cultura mediante un convenio coa Fundación de Investigacións Marxistas.

Corresponden ó período comprendido entre 1932 e 1976 e a 244 cabeceiras publicadas en España, Alxeria, Colombia, Francia, Italia, Marrocos, México, Rusia, Venezuela, Uruguai, etc.

Estes materiais son imprescindibles para coñecer as actividades políticas dos grupos clandestinos que se opuxeron ó franquismo e, moi en especial, os do Partido Comunista e as organizacións que xiraban ó seu arredor. Cómpre sinalar que en moitas ocasións, producidos por métodos artesanais na clandestinidade, en papel de moi baixa calidade e con instrumentos tipográficos pouco axeitados, atópanse nun avanzado estado de degradación. Mediante a dixitalización, non só se asegura a difusión destes fondos a través da web senón tamén a preservación dos seus contidos.

 


Icono de conformidad con el Nivel Doble-A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI. Este enlace abre una ventana nueva

© Ministerio de Educación, Cultura y Deporte

www.digibis.com